De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 23 de abril de 2026, do proxecto do centro xestor de residuos (valorización de residuos perigosos e non perigosos de desmantelamento de extintores e almacenamento de baterías) na parroquia da Pastoriza, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Aficon Seguridad y Contraincendios, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
