DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Forna número 2342 (PO/C/02342) situada no concello do Porriño, provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Forna núm. 2342 (PO/C/02342), situada no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, promovida por Corporación Mineira de Poriño, S.L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Consellería de Economía e Industria:

(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

Cando sexa indispensable a atención persoal, poderase acudir ás dependencias do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 44.

As posibles alegacións presentaranse por escrito, ante este órgano administrativo, en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 6 de abril de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra