DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Punxín e Ourense (expediente IN407A 2026/030-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77 28033 Madrid.

Denominación: Substitución tramos LMTA CAS801 entre apoios núm. 128 e núm. 137.

Situación: lugares do Barbantiño (concello de Punxín) e A Pontenova (concello de Ourense).

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMTA CAS801, dos apoios núm. 130, núm. 132 e núm. 134 por 3 novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/2000, C-14/4500 e C-18/4500 respectivamente. Instalación dun novo apoio núm. 134-x, de celosía metálica, do tipo C-16/3000, entre os apoios núm. 134 e núm. 135. Substitución do condutor existente entre os apoios núm. 128 e núm. 137 por 695 m de novo condutor LA-110.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2.233 do Coeticor, o 28.1.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 15 de abril de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2026/030-3.

Situación: lugares do Barbantiño (concello de Punxín) e A Pontenova (concello de Ourense).

Denominación: Sustitución tramos LMTA CAS801 entre apoyos núm. 128 e núm. 137.

– Concello de Punxín.

• Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32066A006001730000WP.

Lugar: Prados.

Cultivo: labradío.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 130.

• Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32066A013000290000WS.

Lugar: Laceiros.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 132.

• Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32066A004001440000WU.

Lugar: Barbantiño.

Cultivo: labradío.

Titular: Joaquina Somoza Rodríguez.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 134.

– Concello de Ourense.

• Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32900A004000310000PT.

Lugar: A Pontenova.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 134×.