De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou porque, intentada dúas veces a notificación, non se puido efectuar.
A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 22 de abril de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
CIF/NIF do/da interesado/a |
Número de expediente |
Acto que se notifica |
|
33829601M |
IN 635C2026/002-2 |
Acordo de inicio do expediente sancionador |
