_fmt.png)
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos, en concreto de conformidade co regulado no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular en canto á visibilidade da orixe do financiamento conforme o seu artigo 34.2, e co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9, dáse publicidade das actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu financiamento pola Unión Europea:
1) Entidade adxudicadora.
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Dirección da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?n=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.
Tipo de contrato: obra/servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2) Obxecto dos contratos:
a) Título: contrato menor de obra de instalación dun caudalímetro para a medición do caudal recibido na EDAR de Nigrán procedente do bombeo de Praia América. Nigrán (Pontevedra). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Referencia do expediente: AUG-2026-0012.
CPV (referencia de nomenclatura): 38421000-2 Equipamento de medida de caudal.
Orzamento base: importe neto: 18.581,77 euros. Importe total: 22.483,94 euros.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 18.531,77 euros. Importe total: 22.423,44 euros.
Empresa contratista: Geseco Aguas, S.A.
b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de instalación dun caudalímetro para a áedición do caudal recibido na EDAR de Nigrán procedente do bombeo de Praia América. Nigrán (Pontevedra)-Obra con referencia de expediente AUG-2026-0012 e clave M.25086. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Referencia do expediente: AUG-2026-0020.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base: importe neto: 6.498,24 euros. Importe total: 7.862,87 euros.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 5.179,20 euros. Importe total: 6.266,83 euros.
Empresa contratista: Ingenieros Consultores Agrupados, S.L. (Inconsa)
3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuacións referidas no punto 2) anterior financiadas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do devandito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 3 (C5.I3): transición dixital no sector da auga (vixilancia e control da contorna dixital); fito CID 426: posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos; proxecto 01 (C05.I03.P01): mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13): PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia; campo de Intervención 040: xestión da auga e conservación dos recursos hídricos (incluída a xestión das concas fluviais, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, reutilización, redución de fugas); campo de Intervención 011: solucións de TIC para a Administración, servizos electrónicos, aplicacións.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
