DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a comunicación ditada por esta secretaría xeral técnica en relación co requirimento de documentación do procedemento de devolución de taxas da tarxeta sanitaria.

O 16 de marzo de 2026 requírese para que emende os erros detectados na solicitude presentada con data 1.9.2025 pola que solicita a devolución de ingresos indebidos (taxa para a obtención dunha nova tarxeta sanitaria). Intentada a notificación á persoa interesada, foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita comunicación.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación da comunicación pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, este anuncio limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a persoa interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

A eficacia desta notificación quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: solicitude da devolución de taxas de tarxeta sanitaria.

Reclamante: 32448641B.

Último enderezo coñecido: Paseo Arenal, nº 14, 4º A 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña.

Contido da notificación: requirimento de emenda dos documentos presentados na solicitude.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.