DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no recurso contencioso-administrativo PO 0000324/2025, instado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fragas, O Campo Lameiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 22 de abril de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevera

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

PO 0000324/2025

Aurea Fraga Maquieira

Emprazamento

PO 0000324/2025

Benito Gesteira Santos

Emprazamento

PO 0000324/2025

Cándido Torres Castro

Emprazamento

PO 0000324/2025

Delmiro Ricoy Paz

Emprazamento

PO 0000324/2025

Elena Maquieira Barreiro

Emprazamento

PO 0000324/2025

Herdeiros de Eladio González Manso

Emprazamento

PO 0000324/2025

Pelayo Márquez Valiño

Emprazamento

PO 0000324/2025

Herdeiros de Ramón Alonso Reboredo

Emprazamento

PO 0000324/2025

José Fontenla Ricoy

Emprazamento