Este servizo está a tramitar a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Vimianzo para ocupar unha superficie de mil cento vinte metros cadrados (1.120,00 m²) de dominio público marítimo-terrestre, no marco dunha actuación cunha ocupación total de catro mil novecentos oitenta metros cadrados (4.980,00 m²), que inclúe, así mesmo, terreos da zona de servidume de protección, con destino á execución das actuacións previstas no proxecto básico para a recuperación da servidume de tránsito no DPMT ao paso da DP-1603 no núcleo de Cereixo, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña) (Ref. A-2025/304-C).
De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de costas), e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión de referencia, co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa que se considere afectada pola devandita solicitude formule por escrito as alegacións que xulgue oportunas.
A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).
A Coruña, 23 de abril de 2026
Ignacio Maestro Saavedra
Xefe do Servizo do Litoral da Coruña
