DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 17 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente 2026/16/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase ás persoas interesadas e que se indican no anexo, para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.

O expediente atópase á disposición das ditas persoas interesadas ou da persoa que as represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que o acto de resolución poderá ser recorrido ante o Xulgado de 1ª Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terán dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 17 de abril de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2026/16/27.

Persoas interesadas: Sveltana, Valentyn Ihorovych Podsukhin.

Acto administrativo que se notifica:

– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 27 de febreiro de 2026.

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 2 de marzo de 2026.