DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27338

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR351B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, a entidade beneficiaria e a cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 44.04.322C.460.1 da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR351B).

As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de entidades beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/785893/concesiones

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais