Polo Decreto 997/2026, do 10 de abril, publicado no BOP núm. 70, do 16 de abril, aprobáronse as bases reguladoras do procedemento de selección, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade dunha praza de peón/peoa do servizo municipal de protección civil (GES), persoal laboral fixo e formación da conseguinte bolsa de traballo, cuxas características son:
Núm. de vacantes: 1.
Posto de traballo: peón/peoa do GES.
Vínculo: persoal laboral fixo.
Escala: Administración especial.
Subescala: servicios especiais.
Grupo: V
Servizo e unidade de adscrición: Protección Civil.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A publicación da lista provisional, de ser o caso, e da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas relativas a este proceso selectivo efectuarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña e a publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal) e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, nº 2.
Noia, 16 de abril de 2026
Francisco Pérez Caamaño
Alcalde
