DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27406

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026 pola que se corrixen erros na do 16 de abril de 2026 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, e se abre un novo prazo de solicitudes para as prazas afectadas.

Detectados erros nos anexos I e II da Resolución do 16 de abril de 2026, da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, correspondente ao corpo de profesores e profesoras titulares de universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 27 de abril de 2026, páxinas 25378 a 25414, cómpre facer as seguintes modificacións.

Na páxina 25396, na descrición da praza Referencia nº 17: TU2503-X01-805-TU-TC-01:

– Onde di: «Centro de traballo: Facultade de Educación e Traballo Social».

– Debe dicir. «Centro de traballo: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte».

Esta modificación supón unha alteración substancial do perfil da praza convocada, polo que implica, exclusivamente para a praza afectada (número 17), a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación desta corrección de erros no Boletín Oficial del Estado. Sen prexuízo do anterior, as solicitudes presentadas previamente polas persoas aspirantes á dita praza producirán plenos efectos, sen que sexa necesario que volvan realizar nova inscrición, aboamento de taxas nin presentación de documentación en sede.

Na páxina 25406, na descrición da composición da comisión da praza Referencia nº 13: TU2503-T11-785-TU-TC-01:

– Onde di: «Suplente 4ª. Inmaculada Referencia García. Catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza».

– Debe dicir: «Suplente 4ª. Inmaculada Plaza García. Catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza».

Vigo, 4 de maio de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo