En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026
Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026
|
Convenio |
Achega da consellería (€) |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía (Delegación de Galicia) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria |
Sen achega económica |
30.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Nacional de Asesores de Empresas Franquiciados para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria |
Sen achega económica |
14.4.2026 |
|
Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Profesional de Asesores Fiscais e Laborais para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria |
Sen achega económica |
22.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello da Mezquita en materia de recadación en vía executiva |
Sen achega económica |
22.4.2026 |
