Unha vez convocado o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX)
Tribunal titular:
Presidencia:
– Antonio Lamas Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
Secretaría:
– Antía Tuñas Caamaño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.
– María del Carmen Recarey Rey, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.
– Fernando Blanco García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
Secretaría:
– Marina Gabriela Cousillas Anido, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Vogais:
– Julio Senén Fernández Guerra, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.
– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Eva Veiga Aira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
