De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para lle notificar a resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente, tramitado no Departamento Territorial de Vigo.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o xulgado de primeira instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 21 de abril de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Núm. de expediente: 2025/114-36.
Persoa interesada: V17824693.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 26 de febreiro de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento dunha medida administrativa.
