DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2026/1688-1 e nove máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 9 de abril de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2026/1688-1

32445648P

Requirimento da emenda da solicitude

19.2.2026

2026/1710-1

46899093T

Requirimento da emenda da solicitude

18.2.2026

2026/1877-1

Z2245565B

Requirimento da emenda da solicitude

19.2.2026

2026/1445-1

32284770S

Requirimento da emenda da solicitude

16.2.2026

2026/2396-1

Saavedra Pérez, Mathías

Requirimento da emenda da solicitude

27.2.2026

2026/2420-1

55852800Z

Requirimento da emenda da solicitude

2.3.2026

2026/2064-1

47380588J

Requirimento da emenda da solicitude

24.2.2026

2026/1634-1

3243200E

Requirimento da emenda da solicitude

18.2.2026

2026/2859-1

X4139134P

Requirimento da emenda da solicitude

9.3.2026

2024/12555-1

33291473P

Requirimento da emenda da solicitude

5.3.2026