Antecedentes:
1. O día 6 de abril de 2026, María del Pilar Alonso Rodríguez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea G.M. II.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. A competencia para ditar esta resolución corresponde á persoa titular da Consellería do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.
2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Tipo: batea.
Nome: G.M. II.
Situación:
Cuadrícula nº: 14.
Polígono: B.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 5.11.1976.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Juan Manuel López Durán (***2175**), María del Pilar Alonso Rodríguez (***1638**) e María de los Ángeles Rodríguez Ríos (***9104**).
Novos titulares: María del Pilar Alonso Rodríguez (***1638**) (25 % ganancial e 50 % privativa) e Juan Manuel López Durán (***2175**) (25 % ganancial).
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Declarar a perda de eficacia da Resolución do 13 de novembro de 2023 pola que se lle autorizou a Juan Manuel López Durán (co número de expediente PE515A-2023-00649) a extracción de semente de mexillón debido á modificación dos termos recollidos nela, de conformidade co establecido no artigo 8.4 da Orde do 26 de outubro de 2000.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
A Coruña, 21 de abril de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
