DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 28010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.7511 e seis máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.7511 e seis máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.7511

Comunidade de Usuarios Cacha Falcón

2.520 m3

Tres mananciais

Doméstico

L: As Regueiras
P: Marín (San Xián)
C: Marín

DH.A36.15530

Avelino Martínez Fontanes

299 m3

Pozo

Doméstico

L: Abonxo
P: Val do Carrio (Santo André)
C: Lalín

DH.A36.16685

Carmen Brey Gondar

299 m3

Manancial

Doméstico

L: O Regueiro - Castrotión
P: Oca (Santo Estevo)
C: A Estrada

DH.A27.05084

Argimiro García Gómez

886 m3

Manancial

Rega

L: Abelleira
P: Ourol (Santa María)
C: Ourol

DH.A15.24329

María Pilar Carnota Fernández e María Ángeles Carnota Fernández

5.500 m3

Manancial, pozo artesán e regato

Rega

L: Cimadevila
P: Frades (San Martiño)
C: Frades

DH.A15.27523

Avelino Regueiro López e María Castro Montes

157,68 m3

Pozo

Doméstico

L: Agro de Nespereira
P: Luou (Santa María)
C: Teo

DH.A15.26884

Concepción María Leira Pérez e María Concepción Pérez Toba

946 m3

Rego Vilamaior

Rega

L: Vilamaior
P: Moraime (San Xián)
C: Muxía