DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2017/00420 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

Pontevedra, 28 de abril de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PO-2017/00420

77416026G

PO-2022/00790

77481733T

PO-PR212E/2025/02278

39492268A

PO-PR212E/2025/03229

60624821H

PO-PR212E/2025/03229

AV9876417

PO-PR212E/2025/03142

FB335370

PO-PR212B/2026/00728

53186910P