A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga), cualificada e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar.
Segundo o artigo 26 dos seus estatutos, correspóndelle á Presidencia do Cesga o nomeamento da persoa titular da xerencia.
Na súa virtude, mediante este anuncio, convócase unha praza de xerente en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.
As bases e as condicións atópanse na web seguinte e no seu taboleiro de anuncios: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Presidenta do Padroado da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
