DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamentos dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2022/338-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar no edificio administrativo do mencionado concello, sito na avenida de Fisterra, 60, 3º.

A Coruña, 29 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/338-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U.

Denominación da instalación: Reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Concello: A Laracha.

Predio

Lugar

Datos catastrais

Titularidade

Data

Hora

2

Terreiro

Polígono: 13

Parcela: 12

Gerardo Varela Viña e outros

11.6.2026

10.45

9

Chousa Grande

Polígono: 13

Parecela: 162

Descoñecida

11.6.2026

11.00

10

Chousa Grande

Polígono: 18

Parcela: 68

Descoñecida

11.6.2026

11.05

12

Brañón

Polígono: 18

Parcela: 45

Descoñecida

11.6.2026

11.10

13

Lumbade

Polígono:18

Parcela: 44

Descoñecida

11.6.2026

11.15