DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican as bases definitivas de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Villestro-Figueiras II (Santiago-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican as bases definitivas de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 28 de abril de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de concentración parcelaria de Villestro Figueiras II (Santiago-A Coruña)

DNI/nome

Nº de prop.

Acto notificado

33150265C

221

Resolución do 24.4.2026

Juan Manuel García Suárez

463

Resolución do 24.4.2026

33203586G

741

Resolución do 24.4.2026

32171235P

889

Resolución do 24.4.2026

Francisco Ángel Quintáns Rosende

909

Resolución do 24.4.2026

33064989M

946

Resolución do 24.4.2026

José Suárez Noya

1133

Resolución do 24.4.2026

Jesús Castelao Valiñas

1166

Resolución do 24.4.2026

33142034T

1179

Resolución do 24.4.2026

33261241K

1284

Resolución do 24.4.2026

33162583X

1308

Resolución do 24.4.2026

33192632K

1394

Resolución do 24.4.2026