DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28974

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocado pola Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión. Para isto deberá acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que considere oportunas. Só no caso de non ser posible realizar as alegacións por medio desta aplicación informática, deberá realizalas a través do rexistro presencial ou sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Segundo. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a listaxe de persoas aspirantes que teñen acreditado na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) estar en posesión ou en condicións de obter no día de finalización da presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo o nivel de coñecemento da lingua galega requirido para o acceso á categoría a que participa (Celga 4).

As persoas aspirantes que non o teñan acreditado ou que no seu expediente non figure como validado disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para acreditar o Celga 4, título equivalente ou superior. Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

As persoas aspirantes que non o acrediten dentro do prazo sinalado serán convocados para realizar a proba de coñecemento da lingua galega de conformidade coa base II da convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal