Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Marta Rivas Rodríguez como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.
Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Carmen María Calviño Ruso, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
