DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 30 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 37/2026, en relación coa Resolución do 25 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 37/2026, en relación coa Resolución do 25 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos a referida sala. O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal