DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28841

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026 pola que se conceden as axudas convocadas ao abeiro da Orde do 9 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións a concellos, para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR460E).

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 38, do 26 de febreiro de 2026, publicouse a Orde do 9 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.

Segundo. Ao abeiro da indicada convocatoria, os concellos interesados que figuran no anexo desta resolución presentaron a correspondente solicitude de axudas.

Terceiro. O 5 de maio de 2026, a persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior formulou a proposta de concesión de axudas das solicitudes presentadas polos importes que se indican no anexo.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior é competente para resolver as solicitudes de subvencións a concellos para a elaboración e implantación de plans de protección civil para risco de incendios forestais de ámbito municipal, de acordo coa delegación outorgada ao seu favor polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes na disposición derradeira primeira da Orde do 9 de febreiro de 2026.

Segunda. Os concellos solicitantes cumpren os requisitos previstos na orde de convocatoria para seren beneficiarios e a súa solicitude axústase ás previsións da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e á súa normativa de desenvolvemento. Xa que logo, unha vez analizado o contido do expediente e da proposta formulada, considérase axeitado o outorgamento das axudas nas contías da proposta indicada.

Terceira. De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10.2 da referida Orde do 9 de febreiro de 2026, esta resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os efectos da notificación.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles aos concellos que figuran no anexo e polos importes que nel se indican as subvencións con cargo á aplicación orzamentaria 05.06.212A.460.3 para os gastos da elaboración, revisión e implantación de plans de actuación municipal para o risco de incendios forestais.

Segundo. Os concellos beneficiarios asumen as obrigas establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras e na normativa de subvencións, especificamente as previstas no artigo 14 das bases.

Terceiro. De acordo co artigo 16 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. No entanto, o importe destes en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outros, supere o custo da actividade subvencionada.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 13 da Orde do 9 de febreiro de 2026, o 1 de novembro do presente ano será o último día para presentar a documentación xustificativa dos gastos efectuados ao abeiro desta convocatoria. Poderanse admitir os documentos xustificativos por gastos efectuados, de acordo co artigo 4 da citada orde, entre o 1 de xaneiro e o 1 de novembro de 2026. No caso de que os gastos totais xustificados e admitidos sexan inferiores ao importe da subvención concedida, efectuarase a redución proporcional correspondente, sempre que se cumprisen os obxectivos previstos. Entenderase que queda por conta do concello a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados do mesmo xeito, consonte o artigo 10.3 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 9.2.2026;
DOG núm. 38, do 26 de febreiro)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Provincia

NIF

Nome

Importe concedido

A Coruña

P1500100A

Abegondo

2.773,11 €

A Coruña

P1500300G

Aranga

2.773,11 €

A Coruña

P1500700H

Baña (A)

2.773,11 €

A Coruña

P1501300F

Brión

2.773,11 €

A Coruña

P1501400D

Cabana de Bergantiños

1.109,24 €

A Coruña

P1501600I

Camariñas

2.773,11 €

A Coruña

P1502000A

Carnota

2.773,11 €

A Coruña

P1502100I

Carral

2.773,11 €

A Coruña

P1502200G

Cedeira

1.109,24 €

A Coruña

P1502300E

Cee

2.773,11 €

A Coruña

P1502400C

Cerceda

2.773,11 €

A Coruña

P1503200F

Curtis

2.314,12 €

A Coruña

P1503300D

Dodro

1.128,52 €

A Coruña

P1503400B

Dumbría

2.773,11 €

A Coruña

P1503800C

Fisterra

2.773,11 €

A Coruña

P1504100G

Laxe

2.773,11 €

A Coruña

P1504400A

Malpica de Bergantiños

2.773,11 €

A Coruña

P1504700D

Melide

2.773,11 €

A Coruña

P1504800B

Mesía

2.773,11 €

A Coruña

P1505100F

Monfero

2.773,11 €

A Coruña

P1505400J

Muros

1.109,24 €

A Coruña

P1505600E

Neda

843,97 €

A Coruña

P1506300A

Outes

2.773,11 €

A Coruña

P1506500F

Paderne

2.773,11 €

A Coruña

P1506900H

Ponteceso

2.773,11 €

A Coruña

P1507500E

Rois

762,30 €

A Coruña

P1507800I

Santa Comba

2.773,11 €

A Coruña

P1508000E

Santiso

2.773,11 €

A Coruña

P1508100C

Sobrado

2.773,11 €

A Coruña

P1508400G

Toques

1.109,24 €

A Coruña

P1508500D

Tordoia

2.773,11 €

A Coruña

P1508900F

Val do Dubra

2.773,11 €

A Coruña

P1508800H

Valdoviño

1.996,50 €

A Coruña

P1509200J

Vilarmaior

2.250,00 €

A Coruña

P1509300H

Vimianzo

2.773,11 €

A Coruña

P1509400F

Zas

2.773,11 €

Lugo

P2700500H

Barreiros

2.773,11 €

Lugo

P2700800B

Bóveda

2.773,11 €

Lugo

P2701200D

Cervantes

2.773,11 €

Lugo

P2701600E

Chantada

2.773,11 €

Lugo

P2701800A

Fonsagrada (A)

2.773,11 €

Lugo

P2702200C

Guitiriz

2.773,11 €

Lugo

P2702300A

Guntín

1.109,24 €

Lugo

P2702400I

Incio (O)

1.109,24 €

Lugo

P2703200B

Monterroso

1.113,00 €

Lugo

P2703400H

Navia de Suarna

2.773,11 €

Lugo

P2704000E

Palas de Rei

2.773,11 €

Lugo

P2704100C

Pantón

2.773,11 €

Lugo

P2705000D

Quiroga

2.773,11 €

Lugo

P2705200J

Ribas de Sil

2.700,00 €

Lugo

P2705900E

Sober

1.109,24 €

Lugo

P2706300G

Valadouro (O)

2.773,11 €

Ourense

P3200200H

Allariz

2.773,11 €

Ourense

P3200500A

Avión

1.109,24 €

Ourense

P3200600I

Baltar

2.773,11 €

Ourense

P3200700G

Bande

2.773,11 €

Ourense

P3201300E

Blancos (Os)

2.773,11 €

Ourense

P3201400C

Boborás

2.773,11 €

Ourense

P3201600H

Bolo (O)

1.633,50 €

Ourense

P3201700F

Calvos de Randín

2.773,11 €

Ourense

P3202200F

Castrelo do Val

2.773,11 €

Ourense

P3202400B

Castro de Caldelas (O)

2.773,11 €

Ourense

P3202500I

Celanova

2.773,11 €

Ourense

P3202600G

Cenlle

2.773,11 €

Ourense

P3202700E

Coles

2.773,11 €

Ourense

P3202800C

Cortegada

1.089,00 €

Ourense

P3203100G

Entrimo

2.773,11 €

Ourense

P3203200E

Esgos

2.773,11 €

Ourense

P3203500H

Gudiña (A)

2.773,11 €

Ourense

P3203600F

Irixo (O)

2.773,11 €

Ourense

P3204000H

Laza

2.773,11 €

Ourense

P3204300B

Lobios

2.773,11 €

Ourense

P3204400J

Maceda

2.773,11 €

Ourense

P3204500G

Manzaneda

1.109,24 €

Ourense

P3204600E

Maside

2.773,11 €

Ourense

P3204700C

Melón

2.773,11 €

Ourense

P3204800A

Merca (A)

2.773,11 €

Ourense

P3205000G

Montederramo

2.773,11 €

Ourense

P3205200C

Muíños

2.268,75 €

Ourense

P3205300A

Nogueira de Ramuín

2.773,11 €

Ourense

P3205400I

Oímbra

2.773,11 €

Ourense

P3205900H

Pereiro de Aguiar (O)

2.268,75 €

Ourense

P3206000F

Peroxa (A)

1.500,00 €

Ourense

P3206100D

Petín

2.773,11 €

Ourense

P3206200B

Piñor

2.773,11 €

Ourense

P3206400H

Pobra de Trives (A)

1.109,24 €

Ourense

P3206700A

Quintela de Leirado

1.542,75 €

Ourense

P3206800I

Rairiz de Veiga

2.773,11 €

Ourense

P3207200A

Riós (O)

2.773,11 €

Ourense

P3207400G

Rubiá

2.773,11 €

Ourense

P3207700J

San Cristovo de Cea

1.950,00 €

Ourense

P3207100C

San Xoán de Río

1.109,24 €

Ourense

P3207800H

Sandiás

2.268,75 €

Ourense

P3208100B

Teixeira (A)

2.773,11 €

Ourense

P3208400F

Veiga (A)

2.773,11 €

Ourense

P3208500C

Verea

1.542,75 €

Ourense

P3209000C

Vilar de Barrio

1.109,24 €

Ourense

P3209200I

Vilardevós

2.773,11 €

Ourense

P3209300G

Vilariño de Conso

1.109,24 €

Ourense

P3203300C

Xinzo de Limia

2.268,75 €

Ourense

P3203800B

Xunqueira de Espadanedo

2.773,11 €

Pontevedra

P3602000F

Agolada

2.773,11 €

Pontevedra

P3600100F

Arbo

2.773,11 €

Pontevedra

P3600200D

Barro

2.773,11 €

Pontevedra

P3600500G

Caldas de Reis

1.109,24 €

Pontevedra

P3600900I

Caniza (A)

2.773,11 €

Pontevedra

P3600048G

Cerdedo Cotobade

2.773,11 €

Pontevedra

P3601300A

Covelo

2.773,11 €

Pontevedra

P3601400I

Crecente

2.773,11 €

Pontevedra

P3601500F

Cuntis

2.773,11 €

Pontevedra

P3601600D

Dozón

2.773,11 €

Pontevedra

P3601800J

Forcarei

2.773,11 €

Pontevedra

P3602500E

Lama (A)

2.773,11 €

Pontevedra

P3602800I

Meis

2.773,11 €

Pontevedra

P3603100C

Mondariz Balneario

2.773,11 €

Pontevedra

P3603200A

Moraña

2.773,11 €

Pontevedra

P3603400G

Neves (As)

2.773,11 €

Pontevedra

P3603600B

Oia

2.773,11 €

Pontevedra

P3603700J

Pazos de Borbén

2.773,11 €

Pontevedra

P3604400F

Pontecesures

1.361,25 €

Pontevedra

P3604000D

Portas

2.773,11 €

Pontevedra

P3604600A

Ribadumia

2.773,11 €

Pontevedra

P3604700I

Rodeiro

2.773,11 €

Pontevedra

P3604800G

Rosal (O)

2.773,11 €

Pontevedra

P3605200I

Silleda

2.773,11 €

Pontevedra

P3605300G

Soutomaior

2.773,11 €

Pontevedra

P3605600J

Valga

2.773,11 €

Pontevedra

P3605900D

Vila de Cruces

2.773,11 €