DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de abril de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente 1157-F-335 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente 1157-F-335 e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

1157-F-335

José María Rivero de Aguilar y Otero

26.3.2026

E-48-4950-C

José Maris Botana Sánchez, Andrés Astray Rodríguez, Antonia Sánchez Mosquera, Antonio Gómez Suárez, Antonio Pérez Rey, Aurora Sánchez Astray, Consuelo Sánchez Astray, Dorinda Iglesias Botana, Emilia Pérez Fernández, Emilio Pérez Fernández, herdeiros de Manuel Botana Acevedo, Manuel Lagares Suarez, María Villasenín Veiras, Mercedes Cardama e Vicente Rey Bao

26.3.2026

E-251-C

José Rodríguez Domínguez

26.3.2026