DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 1 de Lugo, procedemento abreviado 85/2026.

No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 1 de Lugo, tramítase o recurso 85/2026 (procedemento abreviado), interposto por Paula Zurrón Madera contra:

– A resolución presunta desestimatoria do recurso de alzada presentado pola demandante fronte á Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo do Servizo Galego de Saúde, do 15 de maio de 2025, en que se resolve denegar a solicitude da recorrente de declaración da situación administrativa de excedencia por prestar servizos no sector público, no proceso selectivo do sistema extraordinario de concurso para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

– Fronte á desestimación, tamén presunta, da ampliación do recurso de alzada presentado fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 18 de agosto de 2025, pola que se publica a listaxe de adxudicación de destinos (segunda volta) das prazas do proceso selectivo de concurso de méritos convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023, para a categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, e

– Fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 26 de setembro de 2025, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos