DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 30 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, polo que se informa da revogación da declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ricardo Antequera Romera.

De conformidade co disposto no artigo 159.1 parágrafo terceiro da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, infórmase de que pola Resolución do 29 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio acordouse a revogación da Resolución do 30 de outubro de 2025, pola que se declarou á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Ricardo Antequera Romera (DOG nº 223, do 18 de novembro e Supl. Not. BOE nº 280, do 21 de novembro), pola posterior aparición de persoa con mellor dereito a suceder.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Albuñol, Vilamartín de Valdeorras e Quiroga, por prazo non inferior a trinta (30) días naturais.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio