DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29309

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil e corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Resolución do 15 de abril de 2026 (DOG núm. 75, do 23 de abril) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 43, do 5 de marzo)

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Primeiro. Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil, e corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamaciones co DNI e co código da reclamación formulado.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Carballo

Pérez

Javier

***2924**

4

González

Diéguez

Sonia

***2679**

4,112

González

Guizán

María Celsa

***4463**

12

Moreno

Marín

Mercedes Patr.

***5949**

12

Mouzo

Fuentes

Alicia

***0153**

4

Rivas

Almodóvar

Sonia María

***2486**

4,112

Rodríguez

Barros

Digna Lía

***1539**

10,119

Cod. Causa

Causa da exclusión

4

Falta nomeamento para a escala/especialidade desde a que concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

12

Corpo-escala ou especialidade, rel.servizo ou tipo de Admón. non corresponde ás do concurso

112

O concurso non está aberto ao seu corpo/Administración

119

A persoa solicitante non segue o procedemento establecido