DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/5100-3 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida da Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, núm. 79, 1º, Ourense) e será resolta polo Tribunal de Instancia correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 29 de abril de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2025/5100-3

44481591M

PR204A 2025/5206-3

44481591M

PR204A 2026/0125-3

44474406L

PR204A 2026/0580-3

49707625W

PR204A 2026/0850-3

Y8692011A

PR204A 2026/0873-3

44491026X

PR204A 2026/0940-3

76819247Y

PR204A 2026/0942-3

71710060Q

PR204A 2026/0944-3

34976748G

PR204A 2026/0978-3

53191610Q

PR204A 2026/1127-3

53952214X

PR204A 2026/1280-3

76728508W