_fmt.png)
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos; en concreto, de conformidade co regulado no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular en canto á visibilidade da orixe do financiamento consonte o seu artigo 34.2, e co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9, dáselles publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu financiamento pola Unión Europea:
1) Entidade adxudicadora
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216 Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita os expedientes: contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2) Obxecto do contrato:
a) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora da conectividade na praia fluvial do río Furelos. Melide (A Coruña)-OH.415.1157.PC. Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Referencia do expediente: AUG-2026-0041.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base: importe neto: 6.498,24 euros. Importe total: 7.862,87 euros.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 5.130,00 euros. Importe total: 6.207,30 euros.
Empresa contratista: Eletreintayuno Prevenlab, S.L.
3) Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación referida no punto 2) anterior, financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II «Infraestruturas e ecosistemas resilientes»; Compoñente 5 «Preservación do litoral e recursos hídricos»; medida: investimento 2 (C05.I02) «Seguimento e restauración de ecosistemas fluviais, recuperación de acuíferos e mitigación do risco de inundación»; submedida C05.I02b «Actuacións para mitigar o risco de inundación»; campo de intervención 035 «Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: inundacións (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos)»; fito CID nº 77 bis «Seguimento e restauración de ríos»; Proxecto 03 (C05.I02.P03) «Actuacións para mitigar o risco de inundación»; subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13) «Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia»; subproxecto instrumental C05.I02.P03.S13.SI01 «Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia».
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
