DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29316

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2026 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid).

De conformidade co establecido no número 12 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo, director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 66, do 10 de abril, no uso das facultades conferidas pola Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba o texto refundido que recolle as delegacións de facultades na Dirección Xeral, e tendo en conta a lista definitiva coas puntuacións do proceso selectivo, aprobada pola Comisión de Selección designada para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid), así como a proposta formulada pola dita comisión por medio da Resolución do 13 de maio de 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta formulada pola Comisión de Selección na súa Resolución do 13 de maio de 2026, que foi publicada na web do Igape, para o posto de director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid:

Loreto Sanmartín Gómez, con NIF ***0345**.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitarlle á candidata seleccionada que acepte o posto no prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica