DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29535

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2026, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026

Descrición

Importe (€)

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización do proxecto Táboas input-output da pesca-conserva galega 2025 (Tiogal-25).

132.118,97

6.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do proxecto Estudo integral da calidade ambiental dos sedimentos en relación coa perda de capacidade produtiva dos bancos marisqueiros de bivalvos na ría de Ferrol (Bivaferrol).

205.757,61

7.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2026.

25.000,00

9.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cytma) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros.

396.880,00

9.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro, e igualmente, a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector, no ano 2026.

200.000,00

20.1.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da DOP mexillón de Galicia para a promoción e a mellora da comercialización do mexillón certificado DOP no ano 2026.

500.000,00

19.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

40.000,00

19.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras artesás O Peirao.

10.000,00

20.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

125.000,00

20.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

125.000,00

21.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo.

80.000,00

21.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

125.000,00

24.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a realización de traballos de fin de estudo (grao ou mestrado) por parte do estudantado universitario no Centro de Investigacións Mariñas (Cima).

Sen custo

27.2.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Nueva Pescanova para a organización do Global sustainable seafood Galicia forum (Foro Galicia de sustentabilidade global dos produtos do mar) en 2026.

151.250,00

2.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia para a mellora competitiva das empresas do mar no ano 2026.

185.500,00

2.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, M.P. (CSIC) a través do Instituto Español de Oceanografía (IEO), para a realización do proxecto Estudo, sobre a presenza de ouxas (Myliobatis aquila) no litoral das Rías Baixas. Sol-Ouxa II.

83.531,14

10.3.2026

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas (FIAB).

Sen custo

12.3.2026

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de proxectos das tecnoloxías da información e comunicación que faciliten a aplicación e execución da asistencia técnica no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

651.750,00

13.3.2026

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a evolución e o soporte dos sistemas de información vencellados á xestión das confrarías e pescadores de Galicia e ao apoio nos procesos electorais.

180.000,00

20.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, M.P. (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), para a realización do proxecto Avaliación do estado das poboacións de zamburiñas (Mimachlamys varia) na ría de Ferrol: un enfoque integral para a súa conservación e xestión sustentable (ZAMFER).

167.653,63

24.3.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

7.000,00

1.4.2026

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento sustentable do desenvolvemento evolutivo do proxecto Lonxas Galegas 4.0 para a modernización tecnolóxica dos establecementos de primeira venda de produtos do mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

2.010.000,00

6.4.2026

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

2.900.000,00

6.4.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e a Acuicultura (Conxemar) para a promoción e a mellora da comercialización de produtos conxelados da pesca no ano 2026.

460.000,00

9.4.2026