DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 5 de maio de 2026, do Servizo do Litoral da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución da ampliación e rehabilitación do parque infantil do paseo fluvial de Ponteceso.

Este servizo está a tramitar a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Ponteceso para ocupar unha superficie de trescentos setenta e nove con sesenta metros cadrados (379,60 m²) de dominio público marítimo-terrestre, con destino á ampliación e rehabilitación do parque infantil existente no paseo fluvial de Ponteceso, incluída a substitución dos xogos, o pavimento e valado, así como a ampliación da superficie para a instalación dun circuíto de calistenia e mobiliario urbano (mesas, bancos, papeleiras e fonte), no concello de Ponteceso (A Coruña) (ref. A-2025-358-C).

De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de costas), e no punto 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese á información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.

A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que se xunte estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de litoral de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica

As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).

A Coruña, 5 de maio de 2026

Ignacio Maestro Saavedra
Xefe do Servizo do Litoral da Coruña