Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 5 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
Carmen Crespo Martínez |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2022/332-4 relacionado coa solicitude de desistencia de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS e recolocación CT Millarada 36AA15, no concello de Redondela. |
|
Hrdos. Constatino Barreiro Villar Millarda, C.B. |
Resolución de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS, CS Redondela, no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/404-4). |
|
Antonio Soage González José Soage González |
Resolución de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada LMTA, CT Pumar, no concello de Marín (expediente IN407A 2023/193-4). |
|
Teresa Gómez Vázquez |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/218-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación e soterramento LMTA e instalación de telecontrol no apoio AOHWHLL1//27 da LMTA FRI804, no concello de Crecente. |
|
Gilberto Martínez Hermelo |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/221-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento de vans da LMT CII804 e RC, no concello de Cangas. |
