
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES114 Salceda de Caselas (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación dun novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño. Salceda de Caselas (Pontevedra) – obra con referencia de expediente AUG-2025-0140 e clave do proxecto OH.336.1215. Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia. No resto da parte elixible do gasto da actuación será financiada nun 28 % pola Xunta de Galicia e nun 12 % pola Administración xeral do Estado (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación). Referencia de expediente: AUG-2025-0181.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 15.862,53 euros. Importe total: 19.193,66 euros.
8. Valor estimado do contrato: 23.494,12 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (15.862,53 euros) e a/s posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (7.631,59 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).
11. Data da adxudicación do contrato: 27 de marzo de 2026.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 5.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 20 de abril de 2026.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Agora Ingeniería Servicios y Prevención, S.L.
14.2. NIF: B85596914.
14.3. Enderezo: r/ Clara del Rey 33, PB A. 28002Madrid.
14.4. Código NUTS: ES300.
14.5. Correo electrónico: agora@agoraisp.es
14.6. Fax: -.
14.7. Teléfono: 917 13 18 70.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 13.038,99 euros. Importe total: 15.777,18 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do PEPAC na Intervención 6872_Investimentos en servizos básicos en zonas rurais; Código de Intervención Invest (73): investimentos, incluídos os investimentos en infraestruturas de rega; subintervención GAL6872_05_Augas. Abastecemento e saneamento; obxectivo específico OE5: contribuír ao desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais, como a auga, o solo e o aire, cun enfoque particular na redución da dependencia química.
17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 2 de decembro de 2025.
– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 6 de abril de 2026.
– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 20 de abril de 2026.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
