DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas os trámites de audiencia en relación coas modificacións ao acordo da zona de concentración parcelaria de Troáns I (Cuntis-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no BOE.

Pontevedra, 6 de maio de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

MATI-01

35392186Q

Trámite de audiencia

MATI-02

35377877J

Trámite de audiencia