DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 79/26, en relación coa convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo, praza número 3 do Tribunal de Instancia da Coruña, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 79/26, en relación coa convocatoria de concurso ordinario para a provisión de postos vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 1 de xullo de 2025 (DOG núm. 130, do 9 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal