DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29826

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 13 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de abril de 2026 (DOG número 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG número 208, do 28 de outubro, con corrección de erros no DOG número 222, do 17 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o 30 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026

Mónica María Castro Pérez
Presidenta do tribunal