Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advírteselles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 24 de abril de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS650A
|
Núm. expediente |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00250-I/08 |
44467718R |
Extinción 27.3.2026 |
|
36/00152-I/25 |
76910658S |
Denegación 6.4.2026 |
|
36/00197-I/25 |
X2157518A |
Denegación 6.4.2026 |
|
36/00370-I/25 |
36139622K |
Denegación 20.4.2026 |
