DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/54-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba, situada no concello de Ourense, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 6 de maio de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/54-3.

Instalación: proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Concello: Ourense.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 13 de marzo de 2026.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

2

San Sellao

32900A173001510000LR

Descoñecido/a

3

Serra Coterón

32900A173003300000LG

Descoñecido/a

4

Rúa Cuartel

6738502NG9863N0000ZG

Descoñecido/a

5

Serra Coterón

32900A173002480000LI

Descoñecido/a

6

Serra Coterón

32900A173002450000LR

Descoñecido/a

7/1

Serra Coterón

32900A173003220000LH

Descoñecido/a

8

Rúa Cuartel

6738510NG9863N0000BG

Descoñecido/a