Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CCH807 no treito entre os apoios números 28-13 e 28-15, situada no concello de Lobios.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que xulguen a servidume imposta e alegar o que consideren convenientes ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 7 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2025/38-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA CCH807 no treito entre os apoios números 28-13 e 28-15.
Concello: Lobios.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
1 |
Pedreiras |
32043A084000180000EM |
Descoñecido/a |
29 de abril de 2026 |
