DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira.

Mediante o Decreto do 10 de abril de 2026, unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a Secundino Rodríguez Gómez, con DNI ***0620**, para ocupar a praza de administrativo de tesouraría/contabilidade, grupo C, subgrupo C1, ao superar o proceso selectivo por oposición libre.

O que se fai público en cumprimento do artigo 60.e) da Lei 2/2015.

Leiro, 28 de abril de 2026

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde presidente