DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0616/2025-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0616/2025-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

Vigo, 7 de maio de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0616/2025-PPM

35472917V

Resolución

PSC-PO-0804/2025-PPM

71444989C

Resolución

PSC-PO-0827/2025-PPM

35458339K

Resolución