DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30274

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO de corrección de erros nas bases da convocatoria do proceso selectivo.

Faise constar que, unha vez publicado o anuncio no DOG núm. 90, do 18 de maio de 2026, detectouse un erro material nas bases da convocatoria do posto seguinte:

Un/unha técnico/a superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia QATALYZE-26-TSINV1. NRP 6090084.

Nas bases publicadas na web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/, no cadro do anexo II, na epígrafe de requisitos dos/das aspirantes, na páxina 10, no punto outros, onde di: «Ter unha publicación en revista científica con revisión por pares na área de computación cuántica ou computación de altas prestacións», debe eliminarse este texto e quedar baleiro o cadro nese punto.

Considerando que se trata dun erro material, ábrese de novo o prazo de 10 días hábiles para a presentación de solicitudes, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para que as persoas interesadas poidan presentar a súa candidatura.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia