DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.7996 e nove máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.7996 e nove máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.7996

Carmen Varela Villar

946 m³

Manancial

Rega

L: Caticovas
P: Nogueira (San Vicenzo)
C: Meis

DH.A15.07563

Marcelino Rodríguez Vilas

1.577 m³

Pozo

Doméstico

L: Saíme
P: Bastavales (San Xián)
C: Brión

DH.A36.4688

Ramona Varela Peiteado

1.703 m³

Río

Rega

L: Muíños Novos
P: Barrantes (Santo André)
C: Ribadumia

DH.A36.07595

Manuela Acuña Seoane

2.840 m³

Manancial

Rega

L: Quinteiro
P: Quintela (San Mamede)
C: Redondela

DH.A36.7837

Carmen Varela Villar

316 m³

Manancial

Doméstico

L: Caticovas
P: Nogueira (San Vicenzo)
C: Meis

DH.A36.7902

Luis Lagos Curros

63 m³

Manancial

Doméstico

L: San Miguel
P: San Miguel de Castro (San Miguel)
C: A Estrada

DH.A36.07624

Isabel Castro Saco

1.580 m³

Manancial

Doméstico
rega

L: Barrio
P: Besexos (San Fiz)
C: Vila de Cruces

DH.A27.04771

José Ramón Sanjurjo Santos

644 m³

Manancial

Doméstico
gandeiro

L: Os Carballás
P: Merille (Santa Eulalia)
C: Ourol

DH.A36.9638

Francisco González Justo

410 m³

Río

Rega

L: Lusquiños
P: Tomeza (San Pedro)
C: Pontevedra

DH.A36.11500

Josefina Caramés García e Gumersinda Neira Ferradáns

3224 m³

Manancial

Doméstico
rega

L: Os Canizos-Vilasusán
P: Berres (San Vicenzo)
C: A Estrada