En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Manancial do Pousiño.
Expediente: DH.A36.100664.
Volume total anual: 3.183,90 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.
Destino: abastecemento e rega.
Orixe: catro (4) mananciais: M1 a M4.
M1 en parc. 503, pol. 5.
M2 en parc. 263, pol. 5.
M3 e M4 en parc. 9023, pol. 5.
Todas do catastro de Vilaboa.
Lugar: Outeiro.
Parroquia: Bértola (Santa Comba).
Concello: Vilaboa.
Descrición:
A auga das captacións condúcese á caseta na parcela 9011, polígono 6, que contén 14 depósitos individuais dos que parten conducións ás parcelas de rega e vivendas. O sobrante condúcese ao depósito contra incendios na mesma parcela.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3 oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 22 de abril de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
