A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza 3 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 430/25 contra a resolución pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).
O dito procedemento xudicial pode afectar non só as persoas participantes nos mencionados procesos selectivos, senón tamén aquelas que participen no concurso de traslados da mesma escala e especialidade.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos a referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
