DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se dá publicidade ao financiamento cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) do contrato menor de servizo de apoio técnico á dirección e ao desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco das actuacións de apoio técnico ás actuacións de conservación fluvial nas bacías da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos, en concreto, de conformidade co regulado no Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular en canto á visibilidade da orixe do financiamento consonte o seu artigo 34.2 e co establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial co previsto no seu artigo 9, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indican por razón do seu financiamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e da páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

a) Título: contrato menor de servizo de apoio técnico á dirección e ao desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco das actuacións de apoio técnico ás actuacións de conservación fluvial nas bacías da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Referencia do expediente: AUG-2026-0047.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 Servizos de saúde e seguridade / 71313000-5. Servizos de consultoría en enxeñaría ambiental.

Orzamento base: importe neto: 14.916,98 euros. Importe total: 18.049,55 euros.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.693,23 euros. Importe total: 17.778,81 euros.

Empresa contratista: Ametlam, S.L.

3. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2 anterior financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II Infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5 Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 2 (C05.I02) Restauración de ecosistemas fluviais, infraestruturas híbricas e mitigación do risco de inundación; submedida C05.I02b Actuacións para mitigar o risco de inundación; campo de intervención 035 Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: inundacións (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos); fito CID nº 77.bis seguimento e restauración de ríos; proxecto 03 (C05.I02.P03) Actuacións para mitigar o risco de inundación; subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13) Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia; subproxecto instrumental C05.I02.P03.S13.SI01 Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia